SEMANA MUNDIAL DA ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL (AMI)

 A UNESCO propón a celebración da semana AMI baixo o lema: Alfabetización mediática e informacional polo ben público. 



 É importante entender e beneficiarnos das oportunidades de información e comunicación que nos ofrecen os medios, máis debemos estar cos ollos ben abertos e aprender a identificar, por exemplo, as noticias falsas. 



Aprender a estudiar

Nesta páxina podedes atopar técnicas para aprender a estudiar. Entrade nela e ... ánimo, a traballar!


No cadro podedes ver un esquema que vos pode ser útil:

Aprendendo a usar as imaxes de internet

O compañeiros do CEIP Frian de Teis ofrécennos este titorial para que poidamos saber como usar as imaxes que aopamos en internet:


Como buscar información nos libros

Nos libros atopamos información moi valiosa.
Nesta sinxela presentación podedes ver como se pode buscar.



Modelo 3.3.3

É este un modelo de referencia ideado por Gloria Durban e Anna Blasco (2011) para facilitar a tarefa docente na sistematización do dominio de habilidades de busca, tratamento e comunicación da información.
A aplicación deste tipo de instrumento non ten que representar un elemento externo ao currículum senón que é un esquema ou esqueleto que permite ordenar os obxectivos e contidos permitindo articular a súa sistematización.
Artéllase arredor de tres grandes capacidades, tres habilidades principais dentro de cada unha delas e tres destrezas básicas dentro de cada unha das habilidades.

Presentamos aquí un documento que o explica de xeito resumido (premede na imaxe para velo):

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxiaWJsaW90ZWNhdmFsZXN8Z3g6NzM3MDcwOGNjYjNmNjJjMQ
 
Estas fichas serven de guía para o alumnado no proceso de busca de información (premede nas imaxes para velas):
  

Aprendendo a facer entrevistas

Os compañeiros do CEIP Frian de Teis veñen de publicar este magnífico titorial que nos ensina a facer entrevistas:

http://issuu.com/pirracas/docs/entrevista

Estratexias para buscar en internet

Se premes na imaxe accederás a unhas interesantes recomendacións que che facilitarán a busca de información en internet, que ás veces pode convertirse nun gran lío.